Coro Parroquial de Esteiro

Deixade que os nenos

Solista: Deixade que os nenos se acheguen a min.
Nenos: Onda Ti queremos ir.

Solista: Deixádeme os nenos, deixádemos vir.
Nenos: Onda Ti queremos ir.

Onda ti estaremos, onda Ti xogaremos,
onda Ti viviremos, noso Xesús, onda Ti. [Bis todo]

Solista: Que ninguén me roube o noso amor.
Nenos: Naide, naide o noso amor.

Solista: Que ninguén me roube o seu corazón.
Nenos: Naide, naide o corazón.

Pois é teu canto temos, tamén nós cho ofrecemos,
tamén nós o queremos pra Ti só, Señor. [Bis todo]

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .