Coro Parroquial de Esteiro

Xunto a ti quero estar

1. Xunto a ti quero estar cando alume o sol
¡xente nova medrar! no amor do Señor.
Xunto a ti quero ver latexar corazóns,
¡espera, vou chegar! non me deixes ir só.

EIQUÍ ESTOU, ¡DIME, SEÑOR!
BEN SEI QUE EU SON UN PECADOR.

2. Xunto a ti descubrir a irmandade en nós,
a verdade ¡xurdir! verbas novas de amor.
Xunto a ti compartir, que haxa un mundo mellor,
erguereime por ti, afastarei a dor.

EIQUÍ ESTOU, ¡DIME, SEÑOR!
BEN SEI QUE EU SON UN PECADOR.

Xunto a ti quero ver latexar corazóns,
espera, vou chegar, non me deixes ir só.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .