Coro Parroquial de Esteiro

Non vos perdades na noite

TRAEDE, PRA QUEN ESCOITE, PALABRAS DE LUZ.
NON VOS PERDADES NA NOITE, SEGUIDE A XESÚS,
SEGUIDE A XESÚS, SEGUIDE A XESÚS.
TRAEDE, PRA QUEN ESCOITE, PALABRAS DE LUZ.

1. Unha semente de fe en nós prendeu algún día
e medrará mentres teña forza pra ser compartida.
Forza pra ser compartida con ese pobo que espera
unha fe que teña erguida a esperanza desta terra.

2. Xesús falou naquel tempo palabras definitivas,
e precisan de nós hoxe para ser palabras de vida.
Para ser palabras de vida, nesta terra, neste tempo,
para ser en amor vertidas, amor vivido en galego.

3. Colle a miña man, amigo, ergámo-las mans unidas,
eu contigo, ti comigo, poñeremos paz na vida.
Poñeremos paz na vida, paz de amor e de xustiza,
paz nun xantar compartida, paz na vida de Galicia.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .