Coro Parroquial de Esteiro

Levanto os meus ollos

LEVANTO OS MEUS OLLOS CARA ÓS MONTES
EN PROCURA DA TÚA AXUDA, MEU DEUS,
POIS DE TI VAIME VI-LA MIÑA AXUDA:
DE TI QUE FIXÉCHE-LA TERRA E MAILO CEO.

1. El non deixa que esvaren os teus pés;
non se durme vixiando a túa porta,
non se durme nin acouga
matinando na defensa do seu pobo, Israel.

2. El alonxa todo mal da túa vida
ó librar do seu pecado a túa alma:
o Señor vai seguindo as túas pisadas,
vai agora e pra sempre eternamente.

3. Agarímate o Señor coa súa sombra,
El deféndete coa forza do seu brazo
pra que o sol polo día non te queime,
nin a lúa te tolla pola noite.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .