Coro Parroquial de Esteiro

Creador sabio da luz

1. Creador sabio da luz,
que a luz do día acendiches
coas primicias da luz nova
alá do mundo na orixe. Amén.

2. Ti que é a, tarde e mañá xuntas
mandaches nomear "día",
oe no caer da noite,
a pregaria arrepentida.

3. Que a alma chea de pecados,
non bote a perde-la vida;
cando, sen pensar no eterno,
en novas culpas se envicia.

4. Que pete á porta do Ceo
e leve o premio da Gloria:
fuxamos de todo pecado,
lavemos da culpa a lorda.

5. Concédeno-lo, Deus Pai,
Deus Fillo, Deus Santo Espírito;
que xuntos os tres reinades
po-los séculos infindos. Amén.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .