Coro Parroquial de Esteiro

Que fermoso estar aquí

¡QUÉ FERMOSO ESTAR AQUÍ
TODOS XUNTOS EN COMUÑÓN!
¡QUÉ FERMOSO SENTIR QUE TI,
NOSO DEUS, NOS ENCHES DE AMOR!

1. Para ser luz do mundo, e a terra xermolar,
Cómpre que Ti nos deas, a forza para andar.
Cómpre que Ti nos deas, a forza para andar.

2. Para ser teus amigos, habemos de facer
sempre o que Ti nos mandes, sempre vivir na fe.
sempre o que Ti nos mandes, sempre vivir na fe.

3. Para andar o camiño coa forza do final,
tennos a porta aberta, no intre de chegar.
tennos a porta aberta, no intre de chegar.

4. Para salgar a terra, dándolle o teu sabor,
compre que Ti nos deas, a Graza e o Amor.
compre que Ti nos deas, a Graza e o Amor.

5. Nas angurias e as penas do noso camiñar,
ven Ti, Señor, connosco, para non fracasar.
Ven Ti, Señor, connosco, para non fracasar.

6. Como procura a cerva, auga para refrescar,
nós onda Ti buscamos, no teu colo acougar.
Nós onda Ti buscamos, no teu colo acougar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .