Coro Parroquial de Esteiro

A virxe Santa Maria

A VIRXE SANTA MARÍA TODOS ALOUVAR DEBEMOS
CANTANDO E CON ALEGRÍA CANTOS SEU BEN ATENDEMOS
CANTO SEU BEN ATENDEMOS CANTANDO CON ALEGRÍA
A VIRXE SANTA MARÍA TODOS ALOUVAR DEBEMOS

1. Porque soubo dicir sí,
cando o Señor lle dixera
Que fora a nai do seu Fillo.
Ela trouxo a Deus á térra.

El nos salvou. Salvounos El e máis Ela.
El nos salvou, e mais Ela.

ESTRIBILLO

2. Por facer sempre do pai
a vontade eiquí na térra
Ensinounos o camiño
que nos leva á vida eterna.

El nos salvou Salvounos El e mais Ela
El nos salvou, e mais Ela…

ESTRIBILLO

3. Por estar ó pé da Cruz
cando o seu Fillo morrera.
Cando o seu Fillo morrera
pola salvación do mundo:
Nai de doenzas ben chea.

Salvounos El e mais Ela
El nos salvou, e mais Ela.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .