Coro Parroquial de Esteiro

Adeus irmán

1. Adeus irmán, que se abran os ceos.
Adeus irmán, que sexas feliz,
na despedida queremos cantarche:
¡que grande é Deus e chama por ti!

2. Dende esta terra, que ti xa deixaches,
os nosos ollos bagoan por ti,
mais a esperanza de vernos un día
enxuga as bágoas do noso sufrir.

3. Que Deus te acolla no Reino glorioso,
onde esperamos por sempre reinar,
que un día chegue pra, xuntos no ceo,
resucitados con Cristo gozar.

4. Adeus irmán, que teñas acougo
nos brazos quentes de Deus noso Pai,
ficamos tristes mais xa confiados
que teñas parte no Reino da paz.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .