Coro Parroquial de Esteiro

Deus é meu amigo

DEUS É MEU AMIGO ¡QUÉ DITOSO SON!
DEUS É MEU ALIADO ¡QUÉ DITOSO SON!
CANDO SUFRO OU CANSO ¡EL COMIGO ESTÁ!
CANDO VIVO ALEGRE ¡EL COMIGO VAI!

1.Antes que o mundo existise
Deus me elixiu coma amigo.
Fixo comigo unha alianza
e sinaloume o destino.
Deume un amor gratuíto,
quíxome sen merecelo.
Son para El o preferido.
¡Que grande é o Deus do ceo!

2. El prometeu ampararme,
defensor ser nos perigos,
ser meu consolo nas penas
e o abeiro no camiño.
El sanda as miñas feridas
e sempre vai ao meu lado.
Sinto unha fonda ledicia
véndome así agarimado.

3. Eu son infiel á Alianza,
son un amigo baldeiro.
Lonxe de Deus afasteime,
lonxe do amor verdadeiro.
Deus, traizoado, perdoa;
tende a súa man xenerosa,
fai unha nova Alianza,
endexamais nos abandoa.

4. Ben sei que un día no Ceo
Deus me dará un abrazo
e vivirei cabo DEL
acollido nos seus brazos.
Soño coa festa da gloria
vivindo a alianza plena
cos homes todos xunguidos
na amizade máis sincera.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .