Coro Parroquial de Esteiro

Este é o día

ESTE É O DÍA NO QUE O SEÑOR ACTUOU,
ALEGRÉMONOS NEL E RELOUQUEMOS.

1. Loade ó Señor porque é bo,
porque a súa misericordia é para sempre.
Que o diga a casa de Israel,
é para sempre a súa misericordia.

2. A destra do Señor é excelsa,
a destra do Señor fixo proezas.
Non hei morrer,
vou vivir e pregoar os feitos do Señor.

3. A pedra que os canteiros desbotaron,
esa mesma converteuse en esquinal.
O Señor foi quen o fixo,
unha marabilla ós nosos ollos.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .