Coro Parroquial de Esteiro

Gloria ó Señor

GLORIA Ó SEÑOR NAS ALTURAS
CANTEMOS TODOS IRMÁNS
GLORIA Ó SEÑOR NAS ALTURAS
E NA TERRA ÓS HOMES PAZ.

1. Hoxe naceunos un neno
Fillo do noso Señore
Hoxe naceu o Mesías,
O noso Deus Salvadore

2. Hoxe naceu Xesucristo,
hoxe o Salvador naceu.
Cantan os anxos cos homes
loando alegres a Deus.

3. A muller que tivo a Deus,
Nai e Virxe a un tempo foi:
nunca tal cousa se vira
nin nunca se viu despois.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .