Coro Parroquial de Esteiro

Neste día grande

NESTE DÍA GRANDE PARA VÓ-LOS DOUS,
NOSO DEUS BENDIGA O VOSO REXO AMOR.(BIS)

1. Que a Virxe, Santa María, Naiciña de paz e amor,
acade felicidades do ceo para vó-los dous.

2. Que Deus, o paiciño amoroso, que nos dá toda bendición,
envíe os seus bens copiosos do ceo para vó-los dous

3. Dende hoxe camiñaredes collidos sempre da man
así triunfaredes sempre, milagres que o amor fai.

4. Convosco estaremos sempre,os vosos amigos fieis,
se os intres son de ledicia, tristeiros se son tamén.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .