Coro Parroquial de Esteiro

Nós tamén imos resucitar

1. Se o Señor resucitou, tamén nos resucitamos
a unha vida distinta, chea de gracia, de liberdade e paz. (bis)

NÓS TAMÉN IMOS RESUCITAR
POLO AMOR QUE EL NOS VEU ENSINAR.
NÓS TAMÉN IMOS PARTICIPAR
NO HONOR QUE DEUS, O PAI, LLE DÁ

2. Se o Señor resucitou, o final non é a morte,
porque abrolla outra vida, un mundo novo que pregustamos xa. (bis)

3. Se o Señor resucitou, precedeunos no camiño
polo que chegaremos á casa nova que nos foi preparar. (bis)

4. Que o Señor resucitou comprobámolo decote
nas mulleres e nos homes que non domean ante o poder do mal. (bis)

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .