Coro Parroquial de Esteiro

Para ti canto eu

PARA TI, NOSO DEUS,
PARA TI CANTO EU.
PARA TI, NOSO DEUS,
PARA TI CANTO EU.

1. Cántoche porque amas
tódolos seres e os sostés.
Cántoche porque termas
da miña vida e da miña fe.

2. Cando me colle o medo
ou se entristece o meu corazón,
síntome envurullado,
coma nun colo, no teu amor.

3. Vexo por Ti na xente,
os teus filliños, os meus irmáns;
na humanidade enteira,
a gran familia, en Ti, oh Pai.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .