Coro Parroquial de Esteiro

Que non esqueza, Señor

1.Danos a forza, Señor, para manternos na fe;
Vimos á túa xuntanza beber do teu viño e comer do teu pan.
Cada mañá o albor é un regalo de Deus;
Grazas, Señor, pola vida, bendito Ti sexas, es Rei celestial.

QUE NON ESQUEZA, SEÑOR, QUE NON ESQUEZA,
QUE NON ESQUEZA O AMOR QUE TI NOS DÁS.
QUE CON LEDICIA, SEÑOR, RECEMOS XUNTOS
E DIANTE TÚA FAGAMOS SEMPRE A PAZ.

2. Que non esqueza, Señor, que Ti es o Creador
Do universo infinito, da vida na terra, do ceo e do Sol.
Somos semente de amor cunha alma que salvar,
Que nesta nosa xuntanza contigo recemos con fe de cristiáns.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .