Coro Parroquial de Esteiro

Raiña da paz

RAÍÑA DA PAZ, DA VIDA, FERIDOS,
CORREMOS A TI, COMO A NAI OS FILLOS
EN BUSCA DE AMOR E DOCE AGARIMO,
EN BUSCA DE AMOR, RAÍÑA DA PAZ.

1. De Ti necesita a vida,
se quere ter corazón.
De Ti necesita o canto,
se quere ter grato son.

2. Contigo recobran vezo
os azos en desazón,
ou xorden en onde nunca
fixeran aparición.

3. En Ti, cando dialogamos
ou facemos oración,
sentimos fraternalmente
e encontramos ó Señor.

4. Por Ti, cando retornamos,
cadaquén ó seu labor,
sentímonos peregrinos
dun mundo novo e mellor.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .