Coro Parroquial de Esteiro

Unha xuntanza de amor

1. Unha xuntanza de amor temos aquí, (bis)
Pois precisamos que ti nos queiras
Que ti nos fales, connosco vivas (bis)

2. Mentres na terra, Señor, exista dor (bis)
nós non podemos vivir alleos
ó sufrimento de quen padece (bis)

3. Cando o triunfo do irmán o fai feliz (bis)
nós compartimos con el o gozo,
a súa ledicia, a súa sorte (bis).

4. Pasa por isto, Señor, a nosa fe (bis)
vivir a fondo o amor fraterno,
preto da vida, da vida enteira. (bis)

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .