Coro Parroquial de Esteiro

Aleluia: o Señor resucitou

ALELUIA, ALELUIA, O SEÑOR RESUCITOU.
ALELUIA, ALELUIA, CRISTO VIVE E CAMIÑA CON NÓS.
¡ALELUIA, ALELUIA!

1. Pola luz da mañá, polo amor dos irmáns e pola paz;
Por tódolos que van xuntos de cara a Ti,
quero cantar: ALELUIA.(Aleluia)

2. Pola verdade que nos amosaches Ti, polo perdón;
Polo Pan que nos dás e que nos xunta aquí,
quero cantar: ALELUIA. (Aleluia).

3. Polos nenos que rin ó bicalos súa nai, por tanto amor;
Polos homes que están o mundo a construír,
quero cantar: ALELUIA. (Aleluia).

4. Porque nesta mañá trocas a morte en Vida e Resurrección;
Porque Ti estás aquí camiñando con nós,
quero cantar: ALELUIA. (Aleluia).

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .