Coro Parroquial de Esteiro

Connosco está o Señor

CONNOSCO ESTÁ O SEÑOR
SE ESTAMOS DOUS OU MÁIS
REUNIDOS NO SEU NOME.
O ESPÍRITO DE DEUS AXÚDANOS A SER
AS SÚAS TESTEMUÑAS ANTE OS HOMES.

1. Nós somos todos fillos de Deus único Pai,
O noso honor supremo é sermos bos irmáns.

2. Se alguén quixer gabarse de moito amar Deus Pai,
Amose amor sincero a todos seus irmáns.

3. Ninguén viu nunca o rostro do noso eterno Pai:
O amor de Xesucristo visible nolo fai.

4. Co Espírito de Cristo seremos luz e sal:
Faremos desta terra un cálido fogar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .