Coro Parroquial de Esteiro

Unha familia de amor

XESÚS AMIGO, ESCÓITANOS
POLA FAMILIA ESTA ORACIÓN
UNHA FAMILIA DE AMOR QUEREMOS TER
COMO TIVECHES TI MESMO EN NAZARET
UNHA FAMILIA DE AMOR QUEREMOS TER
COMO TIVECHES TI MESMO EN NAZARET

1. Dános pais que formen un fogar
onde vivan con fe e con ilusión
dános fillos que á beira dos seus pais
pasen facendo o ben sempre ós demais.

2. Dános ollos que falen ó mirar
Coa mirada que nace do amor.
Dános beizos que saiban pronunciar
Que tan só do perdón nos vén a paz.

3. Fainos nenos que aprendan a rezar
A Deus Pai que sempre está cos seus.
Dános pais que ensinen a vivir
Que amando aos máis pequenos se ama a Deus.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .