Coro Parroquial de Esteiro

Unha nai que se chama María

1. Unha nai que por nós dá a vida
Cando ó colo lle imos chorar
Na procura do noso desfogo
Soio ela nos sabe escoitar.

Unha nai que non dorme na noite,
Doce estrela polar que nos guía,
No labor cotián por nós reza,
Unha nai que se chama María.

UNHA NAI QUE NOS GUÍA NA TERRA
QUE DESVELA COS FILLOS NO MAR
DÓCE VIRXE DE DEUS ES NAICIÑA,
AGARIMO DE TODO O FOGAR.

Ó ABEIRO DE NOBRE MANTELO
NO ALOUMIÑO DO TEU COLO RÍA,
Ó ARROLO SOÑEI NO TEU SEO
CUNHA NAI QUE SE CHAMA MARÍA.

2. Como as flores que abrollan no maio
Así amosa o sorriso unha nai
Co anceio dos fillos bicar,
Coa ledicia da nai de Deus Pai.

Na inquedanza da escura noite
Trala fiestra ollando vixía
Unha nai que por nós non acouga,
Unha nai que se chama María.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .