Coro Parroquial de Esteiro

Lévame cara o ceo

1. Que o Señor para sempre che abra
as portas do Paraíso
e te acolla no seu Reino
onde telo teu destino;
gozarás eternamente
na Nova Terra da Vida.

SEÑOR, ESCOITA A PREGARIA
POR ESTE IRMÁN QUE CHAMACHES,
QUE A LUZ ETERNA PARA EL BRILLE
E QUE CONTIGO DESCANSE.

2. Cando a morte nos sorprenda,
dáno-la túa man amiga
e terémo-la certeza
de que a morte leva á Vida.
Onda Ti pedirche vimos
coa nosa alma ferida.

[refrán: Señor, escoita a pregaria…]

3. Cando chegue a miña hora
dáme manter o sentido
e estar certo na esperanza
de que vivirei contigo.
Dos pecados e das culpas
quero estar arrepentido .

SEÑOR, INVOCO O TEU NOME,
TI É-LO DEUS EN QUEN CREO;
ESCOITA A MIÑA PREGARIA
E LÉVAME CARA O CEO

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .