Coro Parroquial de Esteiro

A túa fermosa imaxe

LEMBRO A TÚA IMAXE, MARÍA
NOS TEUS OLLOS A PAIXÓN
DE BAGOAS ASOLAGADOS
TENTANDO NON SENTIR DOR
POLO TEU FILLO CRAVADO
DO MUNDO REDENTOR.
MARÍA, XOIA FERMOSA O TEU ROSTRO
CHEO DE ALENTO E AMOR.

1. Cando a Ti queira ir
e xa non sinta vida,
O teu rostro será a branca luz
no camiño que me leva onda Ti
sen medo a sufrir,
sen medo a morrer.
Cando a paz chegue a min
quérome ir contigo,
Que non sexa o final,
só un troco de vida
Que por fin poida ver teu
rostro fugaz tan só unha vez.

2. Esa bruma chegou
no correr longo e frío,
Virxe María, Nai,
acóugame no teu colo
Onde eu quero estar ganando
anaquiños da túa luz.
E se hei merecer a túa graza, María,
De Ti quero gardar o meu sono calado,
Sendo parte de Ti,
sufrindo tamén contigo onda Cruz.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .