Coro Parroquial de Esteiro

Fogar de esperanza

FAGAMOS DA MISA UNHA FESTA
CANTANDO A LEDICIA DA FE,
PEQUENOS E GRANDES CANTEMOS
LOUVANZAS Ó DEUS QUE NOS QUER.

1. Non quedes ollando de lonxe
belezas tan grandes de amor,
comparte connosco a mesa,
darémosche todos calor.

2. As bágoas da vida enxuguemos
no altar do Señor, noso Pai,
pois hoxe é un día moi grande
pra todos moi ledos cantar.

3. Pra todos hai sitio na festa,
a festa da fe e da luz.
Fogar que entre todos queremos
encher de esperanza en Xesús.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .