Coro Parroquial de Esteiro

Non te lembres

1. Non te lembres, Señor, dos meus pecados
nin das culpas da miña mocidade.

CANDO Ó MUNDO EN RIGOR VEÑAS XULGAR.

2. Encamiña, Señor, na túa presencia
os meus pasos trementes ó pasar.

CANDO Ó MUNDO EN RIGOR VEÑAS XULGAR.

3. O acougo, Señor, dálles pra sempre
e aluméelle a luz do teu fogar.

CANDO Ó MUNDO EN RIGOR VEÑAS XULGAR.

Señor, ten piedade.
Cristo, ten piedade.
Señor, ten piedade.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .