Coro Parroquial de Esteiro

A tristura nosa xa esmoreceu

A TRISTURA NOSA XA ESMORECEU;
TROCÓUNOLA EN LEDICIA O SEÑOR, NOSO DEUS,
CANTÉMOSLLE LEDOS O NOSO ALELUIA,
POIS EL ALONXOUNOS A NOSA AMARGURA.

1. Cando Deus puxo os ollos no seu pobo,
e puidemos voltar pra nosa terá,
a ledicia prendeu na nosa lingua,
a nosa boca encheuse de ledicia
pois aquilo parecíanos un soño.

2. Entón os que nos viran humillados,
tamén eles falaban polo baixo
do moito que o Señor nos axudara
pois El engrandeceunos ós seus fillos,
devolvéndolle a ledicia ás nosas almas.

3. O Señor xa virou a nosa sorte
como se viran os pasteiros polo outono,
coas augas bulideiras dos regatos:
quen bota a semente chorando
logo canta na colleita do seu froito.

4. O labrego cando vai pra a súa leira
coa semente que ten que esparexer,
vai calado matinando na súa sorte,
pro tórnase ben lendo a falangueiro
ó voltar co seu carro cheo de monllos.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .