Coro Parroquial de Esteiro

A noite non demora

A NOITE NON DEMORA A HISTORIA TÚA CO HOME.
A NOITE É O TEMPO DA SALVACIÓN.

1. Na noite celebrába-la Pascua co teu pobo
mentres polas sombras voaba o Exterminio.
A noite é o tempo da salvación.

2. De noite nun pesebre nacía a túa palabra,
de noite o anunciaron os anxos e a estrela.
A noite é o tempo da salvación.

3. A noite foi quen, soubo de Cristo no sepulcro.
A noite viu a gloria cando resucitou.
A noite é o tempo da salvación.

4. Na noite esperarémo-la volta salvadora
e atoparás acesos os nosos candeeiros.
A noite é o tempo da salvación.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .