Coro Parroquial de Esteiro

Xesús, sol da salvación

1. Xesús, sol da salvación,
brilla nas nosas conciencias,
mentres rexeitada a noite
o novo día alumea,
o novo día alumea.
Amén.

2. Ti que nos dá-la ocasión
de facer caridade,
dános, con ríos de bágoas,
láva-las nosas maldades,
láva-las nosas maldades.
Amén.

3. Da fonte onde xurrou
cachoada de malfeitos,
xurdirán tamén bagullas
do corazón arrepentido,
do corazón arrepentido.
Amén.

4. O teu día velaí vén,
día en que todo florece,
voltos por Ti ó camiño,
aledémonos por sempre,
aledémonos por sempre.
Amén.

5. Que te adore a creación,
clementísima Trinidade;
nós pola gracia anovados,
cantémosche con devoción,
cantémosche con devoción.
Amén.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .