Coro Parroquial de Esteiro

Ergo os meus ollos

ERGO OS MEUS OLLOS CARA ÓS MONTES;
¿DE ONDE ME VAI VIR A AXUDA?
VAIME VIR DO SEÑOR DEUS
QUE FIXO O CEO E MAIS A TERRA
VAIME VIR DO SEÑOR DEUS
QUE FIXO O CEO E MAIS A TERRA

1. Non deixará que escorreguen os teus pés,
o que te coida non se adurmiñará.
non teñas medo, non vai tepenexar
o que de sempre foi garda de Israel.

2. El hache dar coma a sombra protección,
coma un amigo irá contigo ó par;
de noite a lúa non che ha de facer mal
nin polo día te vai queima-lo sol.

3. El tornará do teu lado todo mal
a túa vida terá de che soster;
saias ou entres, alí estará El,
hoxe e por sempre o Señor te coidará.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .