Coro Parroquial de Esteiro

Aleluia (L. 17 encontro)

ALELUIA, ALELUIA, ALELUIA,
ALELUIA, ALELUIA, ALELUIA.

1. Anunciade sen cesar e que se oia
Que o Señor nos amou a súa gloria.

2. Bote o ceo a reloucar, exulte a terra
Ante o rostro do Señor que xa se achega.

3. A Palabra por amor fíxose carne
E connosco veu morar sen importarlle.

4. O Espírito de Deus encheu a terra
E os nosos corazóns de amor e ciencia.

5. Ave, nai de Cristo Deus, chea de gracia;
O Señor contigo está, doncela santa.

6. No Señor exultarei día tras día
O seu nome loarei con alegría.

7. Do nacente ata o solpor hei de louvarte,
Deus que ó meu carón estás para salvarme.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .