Coro Parroquial de Esteiro

As túas palabras, Señor

AS TÚAS PALABRAS, SEÑOR, SON ESPÍRITO E VIDA,
SON ESPÍRITO E VIDA.

1. A lei do Señor é perfecta: reconforta a alma;
A declaración do Señor é firme: fai sabio ó inxenuo

(ESTREBILLO)

2. Os mandatos do Señor son rectos: aledan o corazón;
O precepto do Señor é limpo ilumina os ollos.

(ESTREBILLO)

3. A vontade do Señor é pura: permanece por sempre;
As decisións do Señor son verdadeiras; enteiramente xustas.

(ESTREBILLO)

4. Dígnate aceptala palabra da miña boca e o sentir do meu corazón:
¡Señor, ti ela miña rocha, o meu redentor!

(ESTREBILLO)

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .