Coro Parroquial de Esteiro

Cara a Deus

VOU CARA A DEUS A ALCANZALO NO CUMIO DO MONTE ALÓN.
QUERO DEIXARLLE O MEU CORPO E DARLLE O MEU CORAZÓN.

1. O grande trigo arrincado quero levarlle ó meu Pai
Nas miñas mans arroupado para que faga un bo pan.

E no medio do camiño atopei un caravel
agochado entre as pedras, tamén llo levarei.
E no medio do camiño atopei un caravel
agochado entre as pedras, tamén llo levarei.

VOU CARA A DEUS A ALCANZALO NO CUMIO DO MONTE ALÓN.
QUERO DEIXARLLE O MEU CORPO E DARLLE O MEU CORAZÓN.

2. Cara Deus na súa procura no Monte ‘Alón’ me quedei;
Calmoume a sede coa auga, deume o seu pan a comer.

E no meu corpo voaba nas follas do caravel,
Nun loureiro verde axiña puiden velo a El.
E no meu corpo voaba nas follas do caravel,
Nun loureiro verde axiña puiden velo a El.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .