Coro Parroquial de Esteiro

Deus nos convoca

DEUS NOS CONVOCA Á EUCARISTÍA,
MEMORIAL DA PASCUA E FESTA DA VIDA
SÓMOLO POBO DA NOVA ALIANZA,
SOMOS ASEMBLEA SANTA.

1. Cristo vén connosco para conversar;
As súas palabras son verbas de amor
Que nos van quentando o noso corazón.
El sentado á mesa párteno-lo Pan:
É o alimento que nos fai crecer
No amor, na esperanza e tamén na fe.

2. En comunidade vimos onda Ti,
En fraternidade temos que vivir
Se o teu Corpo e Sangue imos recibir.
Fainos xenerosos para compartir
Cos irmáns máis pobres os bens que nos dás
E espallar no mundo o Ben que Ti fas.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .