Coro Parroquial de Esteiro

Eu son a vide

EU SON A VIDE, VÓS AS VIDEIRAS;
PERMANECEDE SEMPRE COMIGO.
PARA DAR FROITO NA VOSA VIDA
TEDES QUE ESTAR A MIN SEMPRE UNIDOS.

1. Que sempre nos amemos
como Ti nos amaches,
é o teu mandamento.
Fai que este amor sexa pro mundo
de Ti un sacramento.

2. Para o noso camiño
o teu Corpo é mantenza
e o teu Sangue, bebida.
Quen cre en Ti non ha morrer
porque Ti e-la vida.

3. Prepárasno-la mesa
en cada Eucaristía
con manxares divinos.
Estás presente na Palabra
e no Pan e no Viño.

3. Ós pés dos teus amigos,
cinguido e de xeonllos,
e-lo Mestre e Señor.
O mesmo que fixeches Ti,
temos que facer nós.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .