Coro Parroquial de Esteiro

Gloria a Deus no ceo (L. 21 encontro)

GLORIA A DEUS NO CEO E PAZ Ó SEU POBO NA TERRA.

Noso Señor Deus Rei do Ceo, Deus Pai Todo poderoso.
Louvámoste, bendicímoste, adorámoste, glorificámoste
e dámosche grazas pola túa inmensa gloria.

GLORIA A DEUS NO CEO E PAZ Ó SEU POBO NA TERRA.

Señor, Fillo único, Xesucristo,
Señor, Deus Año de Deus, Fillo do Pai.

GLORIA A DEUS NO CEO E PAZ Ó SEU POBO NA TERRA.

Ti que quítalo pecado do mundo, ten piedade de nós.
Ti que quítalo pecado do mundo, escoita a nosa oración.
Ti que estás á dereita do Pai, ten piedade de nós.

GLORIA A DEUS NO CEO E PAZ Ó SEU POBO NA TERRA.

Porque Ti é-lo único Santo, Ti o único Señor
Ti o único Altísimo, Xesucristo.
Co espírito Santo na gloria de Deus Pai Amén. Amén.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .