Coro Parroquial de Esteiro

O espírito da lei

DESQUE LEVÁMO-LA TÚA LEI DENTRO DOS NOSOS CORAZÓNS,
NÓS FORMÁMO-LO TEU CORPO E TI É-LO NOSO DEUS. (BIS)

1. Velaí vén o día en que eu asinarei
Coa casa de Israel unha alianza nova.

(ESTREBILLO)

2. Meteréivo-la lei no interior dos corazóns
E non ides precisar que vos ensinen outros.

(ESTREBILLO)

3. Ósos secos e espidos, ¡que noxo o de vos ver!
Cando eu sopre sobre vós, recobraredes vida.

(ESTREBILLO)

4. Co alento de Deus foi vertido sobre vós
Un Espírito de amor xeneroso en cumprido.

(ESTREBILLO)

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .