Coro Parroquial de Esteiro

O espírito de Deus

1. O Espírito de Deus encheu a terra,
O Espírito de Deus pousa nos mares,
O Espírito de deus inunda o ceo,
O Espírito de Deus sopra nos vales.
O Espírito de Deus está connosco.
Aliviando co amor os nosos males.

DEUS ESTÁ NOS CUMES, DEUS ESTÁ NOS VALES
DEUS ESTÁ NA CHOIVA, DEUS ESTÁ NAS AVES.
DEUS ESTÁ NA LUZ, DEUS ESTÁ NO AIRE,
DEUS ESTÁ NA PEL, DEUS ESTÁ NA CARNE.

Deus está na alma porque a alma sabe
Que Deus é amigo e que Deus é Pai.
QUE DEUS É AMIGO E QUE DEUS É PAI.

2. O Espírito de Deus está nos nenos
Nos sinxelos e nos cheos de humildade.
O Espírito de Deus vive nos pobres
Porque só a pobreza nos fai grandes.
O Espírito de Deus está naqueles
Que o aman en espírito e verdade.

DEUS ESTÁ NOS CUMES, DEUS ESTÁ NOS VALES
DEUS ESTÁ NA CHOIVA, DEUS ESTÁ NAS AVES.
DEUS ESTÁ NA LUZ, DEUS ESTÁ NO AIRE,
DEUS ESTÁ NA PEL, DEUS ESTÁ NA CARNE.

Deus está na alma porque a alma sabe
Que Deus é amigo e que Deus é Pai.
QUE DEUS É AMIGO E QUE DEUS É PAI.

3. O Espírito de Deus está naqueles
Que reclaman a xustiza con coraxe.
O Espírito de Deus mora na xente
Que ve signos do Señor por todas partes.
O Espírito de Deus de cote habita
Nos que escoitan as chamadas da Mensaxe.

DEUS ESTÁ NOS CUMES, DEUS ESTÁ NOS VALES
DEUS ESTÁ NA CHOIVA, DEUS ESTÁ NAS AVES.
DEUS ESTÁ NA LUZ, DEUS ESTÁ NO AIRE,
DEUS ESTÁ NA PEL, DEUS ESTÁ NA CARNE.

Deus está na alma porque a alma sabe
Que Deus é amigo e que Deus é Pai.
QUE DEUS É AMIGO E QUE DEUS É PAI.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .