Coro Parroquial de Esteiro

O día do Señor

ALEGRÉMONOS TODOS NO DÍA DO SEÑOR
OÍNDO AS SÚAS VERBAS, PORQUE RESUCITOU.
DARÉMONOS A PAZ, COMEREMOS O SEU PAN,
BEBEREMOS O SEU VIÑO NO DÍA DO SEÑOR.

1. ¡Ai que ledicia dá cantar, rezar cheos de amor
Con cantos alegrar o día do Señor.
¡Ai qué ledicia dá cantar, rezar cheos de amor,
Con cantos alegrar o corazón!

2. Celebraremos desde a fe que Cristo nos salvou
vertendo desde a Cruz o Sangue redentor.
Celebraremos desde a fe que Cristo nos salvou
porque tamén por nós resucitou.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .