Coro Parroquial de Esteiro

Veño traerche, Señor

Veño traerche, Señor, nun ramo as horas do día,
Unha breve eucaristía, unha cantiga de amor,
E coma incenso unha flor; e pídoche, Deus amigo,
Abeirarme ó teu abrigo, durmir no teu corazón,
E que o meu, en oración, vele esta noite contigo.

QUE POIDA O CORAZÓN SOÑAR CONTIGO
MENTRES TI ME ALOUMIÑAS, MEU DEUS AMIGO.
E CANDO VOLVA A LUZ POLA ALBORADA
QUE ALUME A MIÑA FE TODA A XORNADA.
(REPETIR ISTO 2 VECES MAIS)

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .