Coro Parroquial de Esteiro

Vinde axiña compañeiros

VINDE AXIÑA COMPAÑEIROS,
VINDE HOXE PRA FESTEXAR
A LEDICIA POLOS ANCEIOS
DE COMPARTI-LO VIÑO E O PAN.

1. Vinde, vinde galeguiños
Vinde mozas, rapaces chegade
e traede tamén os meniños
que a festa da vida está a comezar.

2.Vinde, vinde aldraxados
Vinde probes, famentos, chegade
e traede tamén os pecados
que a festa da vida está a comezar.

3. Vinde, vinde garimosos
vinde xustos e ledos chegade
e traede tamén os gozosos
que a festa da vida está a comezar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .