Coro Parroquial de Esteiro

Guíame, Señor

1. No atardecer do día,
onda ti me achego canso;
Veño, Pai, a darche as gracias
pola saúde e o traballo.

Polo mar que tanto amo,
polas redes coas que pesco;
Pola terra na que vivo,
pola familia que teño.

GUÍAME, SEÑOR, POR ESTE MUNDO,
DÁME A TÚA MAN AMIGA.
LÉVAME CONTIGO A ONDE QUEIRAS
E CAMIÑA SEMPRE A RENTE MIÑA.

QUERO SEGUIRTE A GUSTO
A ONDE VAIAS TI
E SER UN PESCADOR NA TÚA IGREXA
E ASÍ ENSINAR Ó MUNDO A SER FELIZ.

2. Ó romper do novo día
ergo cara Ti os meus ollos
para che pedir que espertes
no meu corazón degoiros

de verdade e de xustiza,
de pregaria e de loanza,
de compromiso cos homes
que andan faltos de esperanza.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .