Coro Parroquial de Esteiro

María, música de Deus

MARÍA, MÚSICA DE DEUS.
¡QUE BEN SOA O TEU NOME COMO CANCIÓN!
MARÍA, MARÍA, CANCIÓN E MÚSICA DE DEUS.
MARÍA, MARÍA, CANCIÓN E MÚSICA DE DEUS.

1. Ti es espello, María, modelo de perfección.
Axúdanos a mirarte e lévanos ó Señor.

2. Palabra de Deus, María, tamén de Deus es canción.
O ceo está en ti presente por ser Palabra de Amor.

3. Que doce soa o teu nome, María, filla do Pai,
María, nai de Deus Fillo e Esposa do santo Espírito.

4. En ti alégranse os homes e a Deus danlle bendición;
Por ti, María, cantamos: ¡Bendito sexa o Señor!

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .