Coro Parroquial de Esteiro

A túa fermosa imaxe

LEMBRO A TÚA IMAXE, MARÍA:
NOS TEUS OLLOS A PAIXÓN,
DE BAGOAS ASOLAGADOS,
TENTANDO NON SENTIR DOR
POLO TEU FILLO CRAVADO
DO MUNDO REDENTOR.

MARÍA, XOIA FERMOSA,
O TEU ROSTRO CHEO
DE ALENTO E AMOR.

1. Cando a Ti queira ir
e xa non sinta vida,
o teu rostro será
a branca luz no camiño
que me leva onda Ti,
sen medo a sufrir,
sen medo a morrer.

Cando a paz chegue a min
quérome ir contigo,
que non sexa o final,
só un troco de vida,
que por fin poida ver
teu rostro fugaz,
tan só unha vez.

2. Esa bruma chegou
no correr longo e frío.
Virxe María, Nai,
acóugame no teu colo
onde eu quero estar
ganando anaquiños da túa luz.

E se hei merecer
a túa graza, María,
de Ti quero gardar
o meu sono calado,
sendo parte de Ti,
sufrindo tamén
contigo onda Cruz.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .