Coro Parroquial de Esteiro

Salve, nosa Señora Bendita

SALVE, VIRXE BENDITA, MARÍA.
SALVE, RAIÑA DE CEOS E TERRA.
SALVE, ARCA SAGRA QUE ENCERRA
TODAS CANTAS GRAZAS NOS FAI DEUS.

1. De xeonllos prostrado ás túas plantas,
suplicante, contrito che pido
que me mires cal fillo querido,
que me mires con ollos de amor.

Ti que elo consolo dos tristes,
dá remedio ós fondos pesares.
Ti que elo luceiro dos mares,
alumea o meu corazón.

2. Fai, Señora, que tódolos homes
Poidan ser da túa gloria testigos,
E dá a tódolos meus inimigos
Paz, amor, caridade e perdón.

Fai, Señora, que nunca os erros
Teñan casa no meu pensamento.
Non te apartes de min un momento
Cando o demo me veña a tentar.

3. Fai que a alma, que toda che entrego,
Chegue ó ben por que tanto suspira
E perdoa a moi tosca lira
Que che canta esta pobre canción.

Porque quero gozar dos consolos
Da católica fe en que creo,
Porque quero despois ir ó Ceo,
Para decote as túas glorias cantar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .