Coro Parroquial de Esteiro

Santa María da hora da morte

1. Raíña do Ceo, Santa María,
nai de Xesucristo, camiño para a Vida;
mira este teu fillo no seu pasamento,
lévao contigo onda Deus, ó Ceo.

Faite presente nesta hora amarga
Para que non nos falte de Deus a súa graza.
Dánola esperanza do encontro coa Vida.
Nesa nova Terra por Deus prometida.

SANTA MARÍA, ROGA POR NÓS
NA HORA DA MORTE ÉNCHENOS DE AMOR
PARA QUE CRISTO NOS LEVE CON EL
A PARTICIPARMOS NA RESURRECCIÓN.

2. Ti que no Calvario, na ‘hora’ de Cristo
á beira da Cruz fúche-la presenza
e mailo agarimo que os fillos precisan
cando o sufrimento e a morte nos chegan.

¡Santa María!, vén á nosa beira
para agarimarnos coa mesma tenrura
coa que abrazaches a Cristo na Cruz.
Dánola certeza da Vida futura.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .